Centos de persoas din «non ao recheo» do porto deportivo de Baiona

Considérano «unha desfeita para as praias»

Esixen a paralización das obras anunciadas para o luns e unha nova avaliación ambiental

Veciños protestan contra o recheo do porto deportivo de Baiona.

Alba Villar

Baiona

«Non ao recheo» foi a consigna máis repetida onte na contorna do porto deportivo de Baiona por parte dos centos de persoas alí concentradas para amosar o seu rexeitamento á ampliación da explanada das instalacións náuticas da vila.

«Non, non non, non queremos ampliación» tamén se escoitou durante a protesta cidadá que reclama paralizar as obras que comezarán este mesmo luns segundo as previsións iniciais da concesionaria, Nauplia Capital, e do propio Concello baionés, que deseña un plan de tráfico especial para regular a entrada e saída de camións.

A de onte foi a meirande das mobilizacións veciñais que comezaron o domingo cunha individual, a de Rafael Lores, que foi concelleiro do PSOE ao longo de 16 anos e que decidiu plantarse a título persoal ante o porto deportivo cunha pancarta de cartón logo de ler esa mesma mañá en FARO o plan do inminente inicio dos traballos. Acompañárono medio cento de persoas ao día seguinte, sobre setenta a xornada despois e así foi medrando a manifestación ata a de onte, inicialmente convocada polo BNG, e respaldada por diversos colectivos na medida en que ían pasando as xornadas.

O recheo de 4.200 metros cadrados programado para ampliar o porto deportivo que fica inacabado desde o inicio da súa construcción hai máis de vinte anos constitúe para todos os manifestantes e para colectivos como Ecoloxistas en Acción «un proxecto gravemente dañino para o medio ambiente».

Aínda que conta coa autorización do departamento de Costas do Estado, apoiado cun informe de compatibilidade coa estratexia mariña do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, a entidade ten claro que este aterramento «cambiará a dinámica das correntes na baía, coa conseguinte perda de area na praia de Santa Marta, xa mermada por recheos previos, e mesmo podería afectar o areal da Ladeira, comprometendo a súa capacidade de autorrexeneración».

«Esta última ampliación do porto deportivo é a culminación deste atentado para o litoral de Baiona e converterá definitivamente o noso concello nun espazo de explotación turística voraz que afecta directamente na vida da veciñanza», advirte ademais o BNG. Os nacionalistas recolleron medio milleiro de firmas durante a concentración, que se suman ás case dúas mil acadadas ata onte por Salvemos a praia de Santa Marta a través da web change.org.

Representantes políticos da oposición baionesa participaron na protesta, á que acudiron tamén membros das formacións nacionalistas de esquerdas de toda a comarca. As consecuencias deste recheo dan «un paso más na privatización da costa baionesa, entregada ao impacto especulativo, cun modelo de turismo para ricos que incidirá na suba dos prezos da vivenda e na expulsión da poboación oriúnda de Baiona», declarou Xaquín Pastoriza, coordinador do grupo Rías Baixas de Ecoloxistas en Acción, que reclama «unha avaliación de impacto ambiental dun organismo independente, así como unha revisión do Plan Especial do Porto de Baiona e a reversión da concesión realizada por Portos de Galicia á empresa Nauplia Capital.

Recreación del futuro puerto deportivo de Baiona.

Recreación del futuro puerto deportivo de Baiona. / FdV

El plan del puerto culmina 20 años después

El Concello de Baiona afirmó ayer, a través de un comunicado, que el plan del nuevo puerto termina 20 años después y cuenta con informes favorables.

Defiende la iniciativa «que busca no solo mejorar los servicios náuticos, sino también abrir el espacio a la ciudadanía, integrando el puerto con la villa y convirtiéndolo en un punto de encuentro para vecinos y visitantes».

Tracking Pixel Contents