IEM e CEMMA, premios Nigrán 2024
O Concello recoñece tamén coa súa máxima distinción aas comunidades de augas de Chandebrito e de Camos, o Acro Club Nigrán e a empresa Forjados Figueiró

Un científico da CEMMA co corpo dun golfiño.
Vintecinco anos de estudo e divulgación do saber da comarca son mérito dabondo para acadar o máximo recoñecemento do Concello nigranés. O Instituto de Estudos Miñoráns recibirá o vindeiro 22 de marzo, nunha gala ás 20.00 no auditorio municipal, o Premio Nigrán 2024 tras celebrar o pasado outubro as súas vodas de prata como referente da cultura local e galega. Se o IEM acadou este galardón no eido cultural, o do ámbito educativo será este ano para a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA), outra institución investigadora e difusora da investigación dos mamíferos e tartarugas que contribúe activamente á sensibilización acerca do coidado dos océanos, fundada en 1992 e con sede no municipio miñorán desde 2003.

Parte da directiva do Instituto de Estudos Miñoráns. | Jose Lores
Chega a duodécima edición dos premios que recoñecen as «entidades e persoas que, co seu traballo, constancia e esforzo contribúen a por en valor a Nigrán, facendo del un municipio máis amigable e do que sentírmonos orgullosos», explica o alcalde. A selección de galardoados fíxose de xeito transparente entre todos os representantes políticos da Corporación e será ratificada no pleno deste venres, día 28 de febreiro. No partado social recollerán o premio as comunidades de augas de Camos e de Chandebrito; no empresarial o título é para Forjados Figueiró e no deportivo, para o Acro Club Nigrán.
O vínculo do Instituto de Estudos Miñoráns con Nigrán vén desde os inicios da entidade cultural, que naceu no municipio no ano 1999 da man dun grupo de docentes do IES Escolas Proval e doutros miñoráns interesados no estudo da cultura comarcal coma o propio alcalde, Juan González, historiador, ou mesmo o lembrado cineasta Chano Piñeiro. A primeira sede do IEM foi a casa do conserxe do colexio de Mallón e alí custodiaron os seus membros a colección de libros que Francisco Fernández del Riego lle doara á localidade ata que se fixo un oco para eles na biblioteca pública.

Ximnastas do Acro Club Nigrán.
A CEMMA é unha ONG galega á que Nigrán, consideran desde a Corporación, lle debe moito por ser a responsable da asistencia aos varamentos na costa galega, da xestión do banco de mostras destas especies, da recuperación de animais feridos e do estudo poboacional. Hai uns días, deu a coñecer o seu informe anual no que figuraba que as costas galegas rexistraron un total de 689 animais varados en 2024, cifra récord desde que se contabilizan (sen ter en conta os peixes) ao supoñer unha vintena máis que en 2023. Foron 614 cetáceos, 32 tartarugas, 23 quenllas, 14 londras e media ducia de focas e leóns mariños.
No apartado social, as seis coñecidas como traídas veciñais de Camos e Chandebrito abastecen a máis de cen familias en zonas onde a dispersión poboaciónal dificulta o abastecemento público. Algúns dos fogares usuarios xa comparten estas redes coa municipal e noutros casos só se serven deste suministro ou combínano con pozos particulares.

Rosa Garrido e Juan Figueiró na súa nave.
O recoñecemento empresarial é para unha firma nacida en Nigrán en 1965, Forjados Figueiró. Fundouna Juan Figueiró Alonso ao regresar da emigración en Venezuela. Inicialmente, ademais de bloques e bovedillas, fabricaban postes e arillos de pozo. Desde entón ata hoxe, a empresa familiar ubicada na Rúa dos Pazos, en Camos, foi a base das actuais actividades da familia Figueiró Garrido, que inclúen tamén unha empresa en Portugal (Prenorte), que fabrica paneis para cerramentos de naves industriais. O esforzo inicial de Juan Figueiró foi acompañado pola súa esposa Rosa Garrido e polos seus fillos que progresivamente se incorporaron á compañía. Actualmente a segunda xeración da familia está á fronte e o seu esforzo contribuirá á continuidade e éxito da empresa familiar.

Membros da comunidade de augas da Revolta (Camos).
O Acro Club Nigrán acada o galardón deportivo polos seus éxitos na pista, pero sobre todo pola súa filosofía. Xurdiu da unión dun grupo de persoas que buscan achegar a ximnasia acrobática desde unha perspectiva lúdica e integradora a todas as idades, desde os 3 ata os 18 anos. Actualmente é a única entidade deportiva do municipio que disputa competicións internacionais. De feito, desde o ano 2016 que se funda en Nigrán, o Acro Club Nigrán conta cunha magnífica experiencia tanto en campionatos autonómicos, nacionais e internacionais como en festivais e galas. O 70% das ximnastas compite a nivel internacional, nacional e autonómico e o 30% restante correspóndese con ximnastas que participan nas actividades extraescolares nos colexios de Nigrán e nos grupos de iniciación e de crianzas de pequena idade.
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Una mujer sobrevive al impacto de un rayo que mató a 22 de sus vacas en Rodeiro: «El trueno fue tremendo, un gran susto»
- Una vecina de Aldán, mordida por una serpiente en la mejilla
- Desaconsejan el baño en la nueva playa de Vigo con bandera azul
- Una enfermera de un hospital de Ourense se enfrenta a 3 años de cárcel por cotillear un historial: «Fue curiosidad»
- Micosis fungoide: así es el cáncer raro que se confunde con otras enfermedades de la piel
- Vigueses de más de 80 años, «tirados» en Pontevedra de madrugada por el Imserso
- Sabotaje a Mi Vestidor Azul