IN MEMORIAM

O deporte é sensible

Só tiña 45 anos, era unha persoa chea de vitalidade e sempre vinculado ao fútbol, a súa gran paixón

Mensaje de condolencia del CD Choco por la muerte de Julio Amoedo.

Mensaje de condolencia del CD Choco por la muerte de Julio Amoedo. / CD Choco.

Manolo Conde

O deporte redondelano espertou esta fin de semana coa triste noticia do falecemento de Julio Amoedo, adestrador dos equipos xuvenís do Choco e tamén responsable do equipo xuvenil de fútbol sala do Pazos de Borbén.

Cando me decatei quedei en shock. Estiveramos xuntos a tarde anterior no campo de Santa Mariña, tiña moi boa relación con el. De feito, necesiteino en dúas ocasións e sempre se portou fenomenal comigo. Víao moi implicado no seu equipo e gozaba cos xogadores.

Só tiña 45 anos, era unha persoa chea de vitalidade e sempre vinculado ao fútbol, a súa gran paixón. Toda a familia que formamos o deporte redondelano, sempre tan sensible, imos botarlle moito en falta.

E seguro que tamén os alumnos dos colexios, xa que era condutor de autobús escolar e cada día levábaos ás clases.

Moita forza e ánimo a toda a súa familia e en especial á súa parella.

Tracking Pixel Contents