Devolvamos a píllara das dunas a Praia América
Os rapaces do CEE de Panxón chaman a poboación a coidar o hábitat desta ave ameazada con carteis informativos para que regrese

Dous rapaces do CEE Panxón na colocación dos carteis en Praia América. / Alba Villar
Desapareceu de Praia América e regresou en 2009, cando o Concello de Nigrán levou a cabo o primeiro gran proxecto de rexeneración dunar no entorno. A píllara papuda é unha especie en perigo de extinción en toda Galicia e no principal areal nigranés tomáronse diversas precaucións para conservala. Chegaron a protexerse cunhas gaiolas antidepredadores, para evitar que outros animais como as gaivotas, os cans ou mesmo os humanos curiosos se achegasen demasiado. Pero ningunha das medidas tivo éxito finalmente e volveu marchar dos areais nigraneses.
Para coidar o seu hábitat e conseguir que volva anidar, os alumnos do Centro de Educación Especial de Panxón aportaron onte o seu gran de area cuns carteis informativos que tratan de sensibilizar a poboación. Foron feitos con materiais reciclados, concretamente con táboas de monopatíns en desuso, e inclúen uns códigos QR nos que se poden obter datos científicos da tamén chamada píllara das dunas e claves para non molestalas.

Alumnos, profesores e representantes municipais, onte, tras a colocación dos carteis informativos. / Alba Villar
A iniciativa forma parte dun dos proxectos educativos cos que se traballa neste centro escolar no que estudan vinte rapaces con trastornos de conducta chegados de toda Galicia. Neste caso, «o proxecto naceu despois de que o ano pasado os rapaces recibisen formación respecto da píllara dentro do Plan Proxecta Naturézate, de aí xurdiu a idea», comentan docentes do centro. A ave ameazada serviu de fío conductor para estudar diversas materias e a a campaña de sensiblización a través dos carteis culminou o proceso.
A seguinte fase é identificar aqueles colexios de Galicia situados preto doutras zonas dunares protexidas con presenza destes pequenos paxaros de entre 150 e 175 milímetros de longo, de cor castaña, fronte escura, capacete arroibado e bico negro. «Queremos ofrecerlle a todos eses centros a posibilidade de que lles enviemos un kit informativo elaborado por nós para que eles os coloquen nas súas áreas e así expandir o coñecemento sobre esta especie e a súa protección e elaborar un mapa», indican.
O centro quere estender por Galicia esta campaña e ofreceralles os carteis informativos a outros colexios preto de ecosistemas dunares
Para a instalación dos carteis, os rapaces foron axudados por operarios municipais e acompañados polo alcalde, Juan González, e polas concelleiras de Educación e Xuventude, Estela Pérez e Cristina Dosil. Os dirixentes municipais agradeceron esta «proposta de mellora da contorna».
Entre os consellos a través dos códigos QR para coidar a píllara atópanse algúns como ir polos camiños marcados, axudar a manter limpas as praias, non levar animais soltos nin tampouco algas ou cunchas para a casa.
Suscríbete para seguir leyendo
- Dos gasolineras de Vigo tiran los precios y permiten un ahorro de más de 20 euros por depósito
- El alcance total del patrocinio del Celta a 'La Revuelta' equivale a casi 17 millones de euros
- Buscan a un marinero que pescaba frente al puerto de Bueu
- Antonio David Flores regresa a la televisión tras su derrota judicial contra María Patiño: «Nunca olvidaré todo lo que has hecho»
- Adiós a la antigua GEA de Camposancos
- Sanidade permite seguir ejerciendo a los cinco médicos investigados por la red de tráfico de Rivotril en Cangas y Vigo
- La Guardia Civil liquida seis puntos de venta de Rivotril y constata amenazas a médicos
- El Concello aprueba expropiar dos fincas en Bembrive para uso dotacional