Espazo Lectura recolle o Premio Liber da Federación de Editores de España

“Qureremos ser un referente de promoción e dinamización da lectura”, afirma a presidenta

Peixoto, no centro, coa vicepresidenta Marta Fernández e con Henrique Alvarellos, tras recoller o premio.

Peixoto, no centro, coa vicepresidenta Marta Fernández e con Henrique Alvarellos, tras recoller o premio.

R.V.

Gondomar

“Este premio contribúe a visibilizar o labor que vimos desenvolvendo máis de dezaseis anos e a por en valor as iniciativas levadas a cabo de forma altruísta por persoas que atopan nos libros un espazo de socialización”, manifestou Yaiza Peixoto, a presidenta de Espazo Lectura, tras recoller onte o Premio Liber da Federación de Gremios de Editores de España en Barcelona, no marco da Feira Internacional do Libro Liber.

De esquerda a dereita, a edil Rocío Goberna, Marta Fernández, Yaiza Peixoto, o secretario de Estado de Educación, Abelardo de la Rosa, o alcalde, Paco Ferreira, e Henrique Alvarellos.

De esquerda a dereita, a edil Rocío Goberna, Marta Fernández, Yaiza Peixoto, o secretario de Estado de Educación, Abelardo de la Rosa, o alcalde, Paco Ferreira, e Henrique Alvarellos. / /

Recibiu o galardón, que recoñece o “traballo modélico e voluntario da asociación” acompañada da vicepresidenta da entidade, Marta Fernández, da man do presidente da Asociación Galega de Editoras, Henrique Alvarellos. “Queremos ser un referente de promoción e dinamización da lectura que sirva tamén como impulsto para o nacemento doutras iniciativas de índole semellante”, dixo Peixoto tras repasar a traxectoria e proxectos da entidade.

Tracking Pixel Contents