O proceso do liño exponse en Gondomar

Unha imaxe da mostra no local do IEM.

Unha imaxe da mostra no local do IEM.

“Da terra ao tear” é o título da mostra que amosa no local do Insituto de Estudos Miñoráns o proceso da elaboración tradicional do liño. O doutor en Historia e cronista oficial de Baiona, Anxo Rodríguez Lemos, armou con pezas da súa colección esta exposición aberta os martes e xoves de 9.00 a 14.00. Os grupos poden concertar cita no 664663283.

Tracking Pixel Contents