Yaiza Peixoto, nova presidenta de Espazo Lectura

A directiva de Espazo Lectura, con Yaiza Peixoto no medio. | // CEDIDA / REDACCIÓN
R.V.
Os socios de Espazo Lectura reuníronse a fin de semana en asemblea extraordinaria para dar comezo a unha nova etapa cunha significativa renovación do seu equipo directivo. Saíron catro dos membros do anterior, entre eles a ata agora presidenta, Beatriz Núñez, despois de dous mandatos marcados por unha pandemia e pola reforma das instalacións da Casa da Lectura de Donas. A nova presidenta, Yaiza Peixoto, secretaria nos últimos catro anos, daralle continuidade ao proxecto, que desenvolve toda a súa acción a prol da lectura e do libro en lingua galega redimensionando o espazo sociocultural de Gondomar e poñéndoo no mapa peninsular como un referente de fomento e dinamización cultural.
Proba dese traballo son os recoñecementos que a asociación recibiu ao longo destes dezaoito anos de traxectoria: o Premio Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, o Premio Francisco Fernández del Riego da Asociación Galega de Editores, o 2º Premio de dinamización sociocultural Everest ou o Premio á Iniciativa cultural ou de fomento da lectura na Gala do Libro 2016.
O encontro de socios serviu para repasar o programa cultural do último ano, cun mínimo de dez actividades mensuais, que serán máis cando se recupere ao 100% o ritmo na Casa da Lectura trala reforma. Este espazo, que ocupa unha antiga escola rural rehabilitada na parroquia de Donas, é un dos estandartes da asociación.
Museo do Conto
Formada por dúas casas –a propia unitaria e a vivenda docente aparellada– acaba de ser reformada como primeira fase dun proxecto máis ambicioso, o Museo do Conto, o primeiro previsto en Galicia, que se completará coa construcción de módulos na parcela, segundo o deseño do arquitecto Vicente Pintos, que permitirán ilo construíndo por etapas en función da financiación da que se dispoña.
A entidade agradece o compromiso do goberno municipal de Gondomar “para ir dando pasos cara a facer de Gondomar unha vila referente no eido da lectura e o libro”. “Nese sentido, a nova biblioteca municipal proxectada na Casa Peralba será, sen dúbida, un salto cualitativo e cuantitativo”, destaca a nova directiva.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Se hace pasar por su nuera y escapa en una carretilla al estar trabajando cuando no debía en un aserradero de Nigrán
- El mayor parque acuático de Galicia desvela la fecha de apertura
- «Con radioterapia y extirpación de ganglios, en uno de cada tres pacientes hay linfedema»
- La Ley de Extranjería no es para todos: Nirsa y Darys lo saben bien
- Cesados el presidente y la consejera delegada de Ribera