A rapazada comprométese co galego
Máis de 800 estudantes dos institutos de Redondela están a participar en “Unha semaniña enteira”, unha iniciativa para usaren o idioma en tódolos contextos
A perda de falantes de galego é unha realidade que en Redondela está a reverter a xente nova. Máis de 800 estudantes dos institutos de Chapela, Pedro Floriani e Mendiño aceptaron o reto “Unha semaniña enteira”, un compromiso de falaren galego en tódolos contextos da súa vida, dende o pasado luns ata este vindeiro domingo. A iniciativa ten o apoio do Concello e tamén doutros sectores sociais, dende os clubes deportivos ata os comerciantes, e forma parte dos actos vencellados á celebración do Día de Rosalía.
É precisamente unha chapa coa efixie da autora de “Follas novas” a que identifica estes días ás persoas comprometidas co uso de galego.
Impacto notable
Ao reto “Unha semaniña enteira” apuntáronse ata 835 alumnos e alumnas de ESO, Bacharelato e FP e tamén a maioría do profesorado e persoal non docente dos tres IES. O impacto está a ser notable ao mudaren de contextos habitualmente castelanfalantes, a galegofalantes.
Dende os centros constatan que a raíz deste compromiso co idioma “danse experiencias de todo tipo: desde familias emocionadas por volver escoitar aos fillos/as falar en galego, lingua que perden algúns tras a primeira escolarización, ou persoas que felicitan ou se amosan sorprendidas por escoitar o galego nas xeracións máis novas”, explica Aldán Santamarina, coordinador do Equipo de Dinamización da Lingua Galega no IES de Chapela.
Este reto levou o idioma propio de Galicia a entornos onde case non se escoitaba, como as cafeterías dos institutos, as tendas da vila ou os adestramentos deportivos. “Segue habendo diglosia social, asociada a un prexuízo lingüístico que evita o uso do galego cos máis novos. É mais por costume que por reflexión. Porque hai moito cariño pola nosa lingua e medra a consciencia de que se non lla falamos, como a van aprender?”, di Aldán.
Actividades diversas
O compromiso de falar galego “Unha semaniña enteira” achega a mocidade ao idioma a través de moi diversas actividades: dende proxeccións de cine (viron o film Cuñados na súa versión orixinal), escoitas de música cantada en galego –accesible cun código QR–, envío de gravacións sobre a súa experiencia co idioma –a modo de diario– ou, no caso de alumnos do IES Floriani, “debates tolos” nos que practican a oratoria en galego.
Para os participantes que consigan falar totalmente en galego ao longo desta semana prevense varios agasallos e un premio final consistente na asistencia a un concerto que organiza o Concello de Redondela. Para os docentes, o éxito da “Semaniña enteira” xa está asegurado; e apuntan como reto para o vindeiro curso levar a iniciativa aos colexios de Infantil e Primaria.
Suscríbete para seguir leyendo
- Muere abrasado por las llamas dentro de su vehículo en Redondela
- Muere uno de los atracadores históricos implicados en el gran golpe de Gran Vía
- Una mujer divorciada recurre al Constitucional para evitar que ella y su hijo sean desahuciados
- «Por la Lennon pasó lo mejorcito de la música española del momento»
- La batalla de los sacerdotes enamorados: 'El tabú se está rompiendo y no nos vamos a rendir
- Se masturba y eyacula detrás de una mujer que daba de comer a unos gatos en una calle de Vigo
- Vuelve a cambiar el precio de la bombona: esto es lo que costará a partir del martes
- Galicia lanza un nuevo plan «Renueva tu Vehículo» por 3,1 millones con el reto de superar las 30.000 matriculaciones en 2025