O Instituto de Estudos Miñoráns, en colaboración co Concello de Gondomar, e coa Editorial Galaxia, convoca o Premio de Poesía Victoriano Taibo que chega á súa décimo quinta edición. O traballo gañador será publicado pola devandita editorial e o seu autor ou autora acadará 4.000 euros e unha estatua conmemorativa do escultor Fino Lorenzo.
Os traballos participantes deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións nin estar premiados noutro certamen no momento da decisión do xurado.
Estarán escritos en lingua galega e consistirán nun ou varios textos poéticos. A extensión pode oscilar entre os 400 versos e as 250 páxinas. Presentaranse a través do formulario participación dispoñible na páxina web do Instituto de Estudos Miñoráns, e enviarase tamén unha copia en papel ao apartado de correos 30 de Gondomar. As bases pódense consultar na citada web.