O Instituto de Estudos Miñoráns presenta un novo número da súa revista

Cambio climático, garranos, petróglifos de armas, trixésimo aniversario do Clube Espeleolóxico Maúxo ou unha análise da peste en Baiona son algúns dos artigos que publica o Instituto de Estudos Miñoráns no novo número da súa revista, que se presenta hoxe ás 20.30 na aula Ponte de Rosas de Gondomar.