Carlos Callón presenta en Redondela “O libro negro da lingua galega”

A.P.

O profesor de Xeografía e Historia e durante anos cabeza visible da Mesa Pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, achégase hoxe a Redondela para presentar “O libro negro da lingua galega”, unha obra que se centra na represión existente na lingua galega dende o século XV ata a actualidade. O acto será hoxe, as 20.00 horas, no Multiúsos da Xunqueira. O texto fai un percorrido por 500 anos de persecución ao noso idioma recompilando numerosos documentos históricos, dende o ano 1480.