A nigranesa Raquel X. Iglesias gaña o premio de investigación Val de Miñor

Presentou un estudo sobre os hidrocarburos nos mexillóns do litoral da comarca

Raquel X. Iglesias Iglesias.

Raquel X. Iglesias Iglesias. / REDACCIÓN

R.V.

“Análise da concentración de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs) en mexillóns da costa do Val Miñor” é o título do traballo gañador da segunda edición do Premio de Investigación Val de Miñor que convoca o Instituto de Estudos Miñoráns. A estudante nigranesa Raquel X. Iglesias Iglesias é a autora e recollerá o galardón, dotado con 500 euros, nun acto que terá lugar hoxe no local da entidade, a aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar, ás 20.00.

A moza, estudante do grao de Ciencias Ambientais no campus ourensán da Universidade de Vigo, cursou o Bacharelato de Excelencia en Ciencias e Tecnoloxía STEMbach ata o ano pasado no IES Val Miñor. Foi no centro onde levou a cabo o traballo.

O IEM convocou por segunda vez este certame coa finalidade de impulsar o estudio sobre a comarca, amais de estimular a curiosidade científica dos estudantes. Hai dúas modalidades, a científico-tecnolóxica e a humanístico social. Para cada unha delas establécense dúas categorías, a de traballos fin de grao e a de estudos vinculados a centros educativos.