Nigrán potencia a creación audiovisual cun certame de curtas

“Ollo con Nigrán” se titula o certame vídeoliterario que organiza o Concello coa colaboración de Teatro do Ar e Somos Terra para fomentar a creación artística en lingua galega e divulgar a riqueza medioambiental do municipio. Haberá tres categorías por idades e os traballos pódense presentar ata o 5 de marzo. As bases están dispoñibles na web municipal e os premios consistirán en vales para consumir no comercio local.