Vermú poético mañá en Baiona con Marta Dacosta

A poeta Marta Dacosta.

A poeta Marta Dacosta. / ALBA VILLAR

A tapería La Mini de Baiona acolle mañá sábado outra das súas lecturas públicas á hora do vermú. Será a poeta Marta Dacosta a encargada do recital, nesta ocasión de versos tirados da súa antoloxía poética de xénero “Así fala Penélope”, na que ofrece unha perspectiva única de máis de corenta poetas mulleres.