O Concello de Fornelos de Montes, para honrar a memoria do seu ilustre poeta e contribuír á promoción da poesía galega, convocou o XI Premio de Poesía “Manuel Lueiro Rey”.

Poderán concorrer ao certame poemas escritos en galego normativo, cunha extensión de entre 500 e 800 versos. Recibe orixinais ata o 30 de novembro. O premio é de 2.500 euros e a publicación en Xerais.

As bases están na web fornelos.gal.