A asociación cultural Lucenza Ateneo de Nigrán ofrece hoxe un acto poético musical en conmemoración dos 60 anos da publicación de “Longa noite de pedra” de Celso Emilio Ferreiro. O acto terá lugar no auditorio municipal ás 20.00. Intervirán Xosé María Álvarez Cáccamo e interpretarán poemas da obra Mini Rivas, Antón Seoane,e Xoán López. Participarán tamén o director da Fundación Celso Emilio Ferreiro e fillo do escritor, Luis Ferreiro, e outros familiares.