A biblioteca de Redondela ofrece o vindeiro sábado, día 8, o espectáculo “Astrolabios”, da compañía Tarabela Creativa, no multiusos da Xunqueira ás 19.30.

Trátase dun show cósmico de narración oral para nenos a partires de 7 anos e adultos que forma parte do programa Ler conta Moito da Xunta. A entrada é libre e non precisa inscripción previa.