O colectivo cultural Lucenza-Ateneo de Nigrán inicia a súa programación de outono con dúas andainas polo rural das parroquias do municipio. A primeira terá lugar esta tarde ás 17.00 e centrarase nun percorrido guiado polo val alto e medio do río Muíños. As persoas interesadas deben acudir á capela de San Roque de Camos ás 17.00 para, desde alí desprazarse en vehículos ata Pracíns, lugar de saída. A segunda ruta realizarase o sábado 1 de outubro por miradoiros de Chandebrito e Camos.