O Servizo de Normalización Lingüística (SLN) do Concello de Redondela vén de ver referendado o seu traballo coa concesión dunha subvención de 6.561 euros da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Con esta axuda, sinala a alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas, “ademais de reforzar e apoiar o mantemento deste servizo, a Xunta colaborará en proxectos de normalización impulsados dende Redondela”.

O SLN mantén abertas varias liñas de traballo en materia de toponimia, recollida de memoria antropolóxica con persoas maiores, ou o fomento do galego nos centros escolares.