O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, presentaron onte a que será unha das principais citas culturais do verán soutomaiorense: o concerto que Milladoiro ofrece no Peirao de Arcade de Soutomaior mañá venres 5 de agosto. A mítica banda galega de folk vén presentar o seu último disco “Cantigas de Amigos”. O espectáculo dá comezo ás 22.30 horas e a entrada é de balde.