A Fundación Galiza Sempre organiza hoxe en Soutomaior a presentación do último libro de Francisco Rodríguez. Trátase do primeiro tomo dun extenso e interesante ensaio sobre o Reino Medieval da Galiza, a súa evolución histórica e os principais actores políticos, culturais e sociais da época. O acto decorrerá no Multiusos de Arcade hoxe, ás 20.30 horas. Ademais da intervención de Francisco Rodríguez, tamén falará a directora de Nós Diario e veciña de Soutomaior, María Obelleiro.