A décimo cuarta edición do Premio de Poesía Victoriano Taibo xa está en marcha. O Instituto de Estudos Miñoráns convocouna en colaboración co Concello de Gondomar e coa Editorial Galaxia, que publicará o traballo gañador. O seu autor recibirá ademais 4.000 euros e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo.

Son centos os poetas galegos que teñen participado no certame desde a súa primeira edición no ano 2008. As bases deste concurso creado para divulgar a figura do autor pódense consultar na páxina web da entidade convocante:iem.gal.