Para conmemorar o vindeiro Día das Letras Galegas, a Biblioteca Pública de Pazos de Borbén convidou hoxe á actriz e contadora Sabela Gago, quen ofrecerá o seu espectáculo de contacontos “Maletas Viaxeiras”. Será ás 13 horas no Auditorio do Concello, e asistirán alumnos do CPI “Curros Enríquez” de Pazos; da EEI “A Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da asociación ASPAVI.