Unha nova lectura poética chegará mañá sábado á taparía baionesa “La Mini” á hora do vermú. O poeta e artista plástico Baldo Ramos, celanovés vinculado ó Val Miñor por traballar na comarca como profesor hai anos, será o convidado desta sexta sesión do ciclo cultural que coordina o poeta Xosé María Álvarez Cáccamo. O autor lerá fragmentos das súas obras a partires das 12.30 xunto á Fonte de Zeta.