Redondela súmase ao Mes da Ciencia en Galego con “Matemaxia”

O Concello de Redondela vén de sumarse ao Mes da Ciencia en Galego que, dende hai anos, se celebra coincidindo co Día Internacional da Ciencia. Así, dende o Servizo de Normalización Lingüística organizouse a actividade “Matemaxia”, mediante a cal, dunha forma lúdica, o Mago Paco amosaralles aos escolares de quinto e sexto de Primaria de todos os centros educativos do municipio os segredos que se agochan tras os números.

Tracking Pixel Contents