O ciclo de cinema que organizan o Concello de Gondomar e o Cineclube Val Miñor Alice Guy propón hoxe a película “A viaxe de Leslie”, do realizador Marcos Nine, galardoada cun Mestre Mateo e nominada a seis premios Goya. O auditorio Lois Tobío acollerá ás 21.00 a proxección da cinta, que desenvolve distintas teorías sobre o accidente aéreo no que faleceu Leslie Howard, actor de “Foise co vento” , en 1943 en Cedeira.