(Os meus amigos, Toñín e Lito, e ós outros beretes)

O lugar onde o mundo deu en chamarse Arealonga. Onde os laredos, penedos, arrecifes de pedra chegaban as casas; onde os trasmallos e outras artes adquirían a cor das árbores, nas casquerías; onde as praias mariñeiras eran en verdade un tendal de redes; onde un rincón, era convertible por unhas horas nun modesto asteleiro de madeiras, estopas e cheiro a alqitrán; onde as bateas, verdadeiros criadeiros colgantes, parecían castelos, cos barcos reutilizados e casetas misteriosas; onde unha vella madereira era o paraíso selvático dos rapaces, con tuneis e porto fantasma, chamado piscina; onde un carromato era un F1, unha fogueira unha festa, un taller un centro de investigación tecnolóxica, unha roda xigante un frotador; unha taberna un centro recreativo; un congrio, un monstruo; unha tenda un teleclub; as pipas o manxar dunha tertulia infinita aposentada nun muro; unha chalana, unha posibilidade de vida; un río, unha fronteira; unhas fábricas, a industria conserveira máis lonxeva; a Ría, un lago na calma chicha ou un infierno no temporal; os arroces, un espectáculo; onde había cabañas soterradas baixo canas ou caixas de peixe, balcón atrapabalóns; parvos sentados nun banco e listos ollando para eles, pero sempre boa xente, a nosa xente, raros pero nosos, travesos pero nosos, entrañablente e extrañamente nosos. Porque esa praia de ameixas e croques, de bichos e pedras, na Galicia profunda que otea horizontes, fomos e somos nòs.

"Nunca faltou unha man para varar un barco, un remo para chegar mais lonxe"

Esa é a fermosa Galicia profunda dos nosos recordos mais entrañables. Na que nunca faltou unha man para varar un barco, un remo para chegar mais lonxe, un plato de peixe para quen o necesitaba, alguén que construixe un parque infantil para os cativos, ou unha conversa intrascendente para acompañarse nos días.

*Berete profundo ou casi