Volta ao auditorio Lois Tobío o ciclo de cinema galego que ofrece o Concello de Gondomar dentro da súa programación de outono en colaboración con Cineblub Val Miñor Alice Guy. Hoxe a partires das 21.00, proxéctase a película “Doghs”, ópera prima de Andrés Goiteira que arrasou no Festival de Sitges e acadou 13 premios Mestre Mateo en 2018. As entradas, gratis, pódense reservar na web municipal.