O pasado 24 de setembro produciuse un feito histórico no mundo universitario español. O Consello de Goberno da Universidade de Granada acordou por unanimidade a solicitude da declaración de reparación e recoñecemento personal de membros da comunidade universitaria represaliados. Isto é un acto de xustiza, no que se honra e recupera a memoria de aqueles que foron obxeto dalgunha modalidade de represión por motivos políticos, ideolóxicos ou de creencias relixiosas durante a Guerra Civil e na Dictadura.

Galicia, Pontevedra e concretamente a nosa vila, Redondela, nos toca moi de cerca. Xa que o noso ilustre cidadán Alejandro Otero Fernández é un dos reparados. Ao que, nun acto celebrado o pasado 21 de outubro no Hospital Real de Granada, se lle restituiu o título de catedrático.

Hoxe camiñamos con paso firme ao futuro, facendo xustiza por aqueles homes e mulleres que tantos éxitos científicos acadaron antes da dictadura e durante o exilio. Alejandro Otero é un deles, en Granada desenvolveu a docencia universitaria como catedrático de Obstetricia chegando a ser reitor da Universidade. Podemos afirmar con rotundidade que foi un visionario, puxo os cimentos dunha nova facultade de medicina, dun novo hospital, dun albergue universitario en Sierra Nevada, dunha nova sede do Colexio de Médicos (do que foi presidente), así como a utilización de novos métodos para unha sanidade avanzada como nos países europeos onde se formou. O legado de Otero é inmenso, dende o seu Sanatorio Nuestra Señora de la Salud, el Patronato Popular Antituberculoso, o Sanatorio Antituberculoso da Alfaguara, a innovación tecnolóxica no tratamento de enfermidades tumorais, a súa docencia universitaria xerminou a grandes discípulos, ós feitos me remito.

Alejandro Otero.

Alejandro formouse na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario, alí forxou grandes amizades como Novoa Santos, Varela Radio… eminencias da sanidade galega. Otero tamén é un deles, ainda que desenvolveu profesionalmente a súa vida en Granada ata a Guerra Civil e posteriomente no exilio mexicano. Por eso sirvan estas verbas, para que cheguen ao Reitorado da Universidade Compostelá e se promova o recordo a un dos alumnos máis avantexados do século XX.

Alejandro e Redondela, son dúas verbas unidas. Hoxe máis que nunca, estamos moi orgullosos de que se repare e se faga xustiza dun bo home fiel á democracia e cuns valores intachables.

*Vicepresidente da Asociación Cultural Alejandro Otero