O pan en Redondela pídese en galego
Unha campaña promove o uso do galego nas panaderías como elemento de atracción e diferencialidade | Distribuiranse 25.000 sobres e 2.000 bolsas coa imaxe de Xela Arias

Presentación da campaña para promover o uso do galego nas panaderías, onte, en Redondela. // FDV

O pan en Redondela despáchase en galego. Polo menos, este é o obxectivo dunha campaña que nace dende o servizo de Normalización Lingüística do Concello, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela e a Real Academia Galega, e que promove o uso do idioma galego durante os 365 días do ano. Para chamar a atención da cidadanía sobre o galego distribuiranse nos locais de venta de pan un total de 25.000 sobres e 2.000 bolsas de papel coa imaxe de Xela Arias, escritora homenaxeada este ano nas Letras Galegas e o lema “Nós Galego 365”.
A elección das panaderías para a campaña decidiuse porque o pan é un produto que consúmeseos 365 días do ano, do mesmo xeito que o galego. Iso é precisamente o que se quere simbolizar con esta iniciativa, ao tempo que se quere destacar a singularidade que a etiquetaxe en galego lle outorga aos produtos da nosa terra como distintivo único e diferenciador dende a súa orixe. “Un valor difícilmente imitable que se pon en valor con este tipo de campañas”, indicou a xerente da Asociación de Empresarios, Julia Alonso.
Imaxe de calidade e proximidade
Un dos formatos das bolsas é para o pan e por iso as panadarías teñen un protagonismo nesta campaña. “Ao igual que o pan é un alimento que non pode faltar nunha mesa galega á hora de xantar e ao igual que miramos porque sexa un bo pan que ofreza sabor, o mesmo temos que pensar co idioma galego como esa marca que reforce a imaxe de calidade e proximidade do produto. Non é o pan chegado a quilómetros de nós con masas conxeladas; non é o pan industrial das grandes áreas comerciais; trátase de que sexa o noso pan galego. E se o pan é galego, en que lingua vai falar?”, xustifican desde o servizo de Normalización Lingüística.
A alcaldesa redondelana, Digna Rivas, afondaba nesa idea. “Sabemos que o pan das nosas panaderías se fai con produtos da terra e de calidade, e nada mellor que botar man deste tipo de produto para promover tamén o noso idioma cada vez que o cliente leva unha desas barras para casa”.
Oportunidades para os comerciantes
Os creadores da campaña consideran que, ademais, que a lingua ofrece oportunidades para os comerciantes como elementos de atracción e diferencialidade dentro do mercado. A aposta polo galego tamén repercute positivamente no propio negocio.
“É de pura lóxica que os produtos galegos vaian etiquetados e sexan publicitados en galego. Nos últimos anos aumentouse a presenza do galego tanto en produtos de negocios familiares até en produtos de grandes multinaicionais. Polo tanto, nós en Redondela temos que ser exemplo para toda Galicia, por sermos os primeiros en promover a normalización lingüística en 1982, e continuar abandeirando ese lugar de referencia para a cultura de Galicia. Neste sentido, comerciantes e consumidores temos unha gran responsabilidade. Con esta campaña ‘Nós Galego 365’ queremos convidarnos a reflexionar sobre estes temas. Nós concluímos que o uso do galego trae máis beneficios ca nunca”, destacan en Normalización Lingüística.
Suscríbete para seguir leyendo
- Niño Becerra enciende las alarmas: «Si vamos a peor, en verano podemos llegar a una situación Covid de paralización de la economía mundial»
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Luis Zahera defrauda en A Sementeira de Corzáns
- Carmen quedó parapléjica en el hospital de Ourense a los dos días de una cirugía de rodilla: «No quiero vivir así»
- Si tengo el ácido úrico alto, ¿qué debo comer, y que no, para bajarlo rápidamente?
- La UCO escuchó al patrón de Villacarrillo 'recreando' el momento en que mató al temporero: 'Ven, que no te vas a enterar. Id preparando los curas
- Sorpresón en Pasapalabra: Rosa gana el rosco y se lleva el premio
- La desconocida playa de la ría de Vigo que estrena bandera azul este verano: está a un paso del centro urbano