Comeza en Gondomar o ciclo de cine galego coa película “9 fugas”

“9 fugas”, dirixida por Fon Cortizo, é a primeira película do ciclo de cine galego que hoxe comeza en Gondomar, promovido polo Concello e o Cineclube Val Miñor Alice Guy, como parte da programación de outono. A longametraxe, premio Mestre Mateo á mellor banda sonora e fotografía e mellor película no festival de Xixón, proxectarase ás 21.00 no auditorio.

Tracking Pixel Contents