O Mes do Teatro leva cinco funcións ao auditorio nigranés
Ao programa de compañías afeccionadas súmanse Fulano, Mengano e Citano o día 23
R.V.
Outubro é o Mes do Teatro en Nigrán e o auditorio municipal acollerá desde esta fin de semana a programación que organiza o Concello para apoiar os grupos non profesionais.
Os vigueses Atrezo Teatro abrirán este sábado ás 20.00 o calendario con tres pezas curtas: “As conciencia”, “As camelias brancas”, “A chaqueta de borreguito” . O día 16 será a quenda de Disfunción Contínua, agrupación da Estrada que representará, tamén ás 20.00, a peza “Departamento de selección”, dirixida a maiores de 15 anos. A programación continúa o domingo 17 ás 19.00 coa obra de teatro cego “Coa mirada nas túas mans, da compañía viguesa Lohengrín. O sábado 23 ás 20.00 chegarán Fulano, Mengano e Citano da man do programa “Tomar as táboas” da Deputación e ofrecerán a peza “Top manta”. O domingo 31 pecha o programa coa comedia apara todos os públicos “Lisístrata”, dos ourensáns Teatrino.
O Concello firmou este ano un convenio coa Federación Galega de Teatro Afeccionado, que trae as funcións á localidade a cambio dunha aportación de 4.200 euros. Un acordo que se estende ao mes de decembro, con tres representacións, entre as que aparecen os locais Teatro do Ar coa obra “Distintas compañías” o día 11.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Se buscan vecinos para vivir en este pueblo cerca de Vigo: hay trabajo y casas en venta desde 50.000 euros
- Parte de la millonaria indemnización por la caída de una losa salió del bolsillo de los dueños del edificio
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Comienza la tala para la construcción del supermercado Familia en Cangas
- ¿Qué pudo pasar en la cirugía de Carmen, la mujer que quedó parapléjica tras operarse la rodilla en Ourense?
- A la captura de cazadores
Treinta años y en plena forma

Vilagarcía celebra su I Ruta de Tapas
