O Concello de Nigrán expón “O home que quixo vivir” en homenaxe ao escritor veciño de Panxón aída que nacido en Cangas, Bernardino Graña. Catorce paneis con textos e imaxes relatan a súa vida e obra no auditorio municipal ata o 31 de outubro de luns a venres en horario de 10.00 a 13.30. O autor visitou onte a mostra acompañado do alcalde, Juan González, e celebrou o seu 89 aniversario na compaña dos alumnos do colexio Humberto Juanes.