A conmemoración hoxe do Día Nacional de Galicia terá en Redondela dúas actividades que organizou o Concello. Ás 20 horas na Alameda Castelao é o acto institucional con presenza da Corporación e protagonizado por nenos e nenas dos campamentos de conciliación. Ás 22 horas no Campo da Feira actúa a cantante coruñesa Sés; unha hora antes abriráse o recinto.