Pasou xa o segundo Día das Letras Galegas desde que o pleno de Gondomar aprobou, en xaneiro de 2020, a ordenanza de normalización lingüística. O BNG insta ao goberno local a dotar o Concello dun servizo de normalización “como obriga a ordenanza”. A voceira local, Manuela Rodríguez, lembra que a área de Vigo “é a máis desgaleguizada do país e nela o nivel de uso da nosa lingua descende ao 25,5% cando en 2008 era do 33,6%”.