Dentro da programación especial do Mes das Letras, o Concello de Nigrán ofrece este sábado ás 22.00 a proxección da película “A Esmorga”, adaptación da novela homónima de Eduardo Blanco Amor, no torreiro vello de Chandebrito. Os coñecidos actores Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris” son os protagonistas da historia ambientada na cidade de Ourense. O director do filme, Ignacio Vilar, acudirá ao acto e establecerá un diálogo co público asistente.