Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O himno da Serra da Groba

O Instituto de Estudos Miñoráns e o cantautor Tino Baz lanzan o videoclip “Na Groba liberada”, un tema para manter viva a loita contra os 6 parques eólicos previstos

Tino Baz e Carmen Baz, ante a cámara en plena grabación do videoclip na Groba, coa bahía de Baiona de fondo. | // IEM

En tempos convulsos afloran os himnos e non hai máis que botar a vista atrás ata o confinamento para comprobar no que se convertiu o tan repetido “Resistiré” do Dúo Dinámico. A Serra da Groba tamén ten o seu. A comarca do Val Miñor veuse na obriga de retomar a loita para defendela tras conocer a tramitación dos proxectos eólicos que prevén instalar un total de 44 aeroxeneradores repartidos en 6 parques. O Instituto de Estudos Miñoráns está á cabeza do movemento reivindicativo e acaba de lanzar ás redes o videoclip do tema “Na Groba liberada” , toda unha canción protesta para manter viva a chama reivindicativa na poboación. Fíxoo coa colaboración desinteresada do cantautor guardés Tino Baz, autor da peza.

Son versos que chaman á resistencia, a rexeitar unha agresión ao medio natural que xa condenaron públicamente sesenta colectivos de todo tipo, desde grupos ecoloxistas, asociacións veciñais, comunidades de montes, clubes deportivos e agrupacións culturais. “Esperta memoria/non traias esquezo/que o intre é de luz/ e torna a virar.../ Cerne de intereses/na pedra furada/muíños eólicos/non poden medrar...”, di a estrofa final. O refrán da peza é unha declaración de intencións.“Na terra liberada/o pobo así cantou./Na serra, na Groba/o pobo así cantou”, entoan a coro as voces que se xuntaron para a ocasión cun evocador nome, Trova do Vento.

Baz recuperou a melodía doutro tema reivindicativo que compuxera en 2003 para apoiar unha iniciativa popular en Ponteareas que esixía a retirada do busto de Franco da praza maior. “O que fixen foi adaptar a letra para expresar o rexeitamento aos parques eólicos”, explica o artista. O IEM fíxolle a proposta e el sentiuse “totalmente cómplice”. “A adhesión é total”, afirma o autor guardés, “por proximidade, por afinidade total co medio e por defensa do espacio que nos rodea. Desde o cumio do Monte Trega vese todo o porte da Serra da Groba, un espazo colosal”, recalca.

Protesta o 16 de maio

Baixo Miño Estudios encargouse da grabación, que se desenvolveu entre xaneiro e marzo nos cumios da Groba, e da montaxe da peza audiovisual. Foi un regreso ao traballo para o cantautor ao que a pandemia deixou, coma todo o sector cultural, na parálise absoluta. “Todo isto foi un atranco considerable porque estabamos en plena promoción de ‘Se cantan es ti que cantas’, disco en homenaxe a Rosalía. Haberá que retomalo de novo e saír cantar outra vez”, comenta.

A voz de Tino Baz está, como el mesmo di, ao servizo da causa contra os proxectos eólicos, que tamén afectan ao Monte Galiñeiro con outros 13 muíños. Unha loita que lideran entidades coma a Plataforma en Defensa da Serra da Groba, que ofreceu varias conferencias na comarca do Baixo Miño esta fin esemana sobre o asunto, ou o IEM, que prepara un acto de participación cidadá para o domingo 16 de maio.

Compartir el artículo

stats