A banda Xardín Desordenado tocará mañá sábado a partires das 20.00 no auditorio municipal de Nigrán. O concerto, promovido polo Concello e pola Deputación, servirá para conmemorar as Letras Galegas neste 31 de outubro, data fixada pola Real Academia Galega ao coincidir o 17 de maio co confinamento.