Por un museo de arte rupestre para o Val Miñor
Ademais do posicionamento en defensa dos espazos naturais e a reivindicación da denuncia pública como un dos grandes papeis do Instituto de Estudos Miñoráns na comarca, Xosé Lois Vilar fixo un repaso das principais iniciativas do colectivo na procura da dinamización cultural da contorna, especialmente as desenvolvidas en Baiona, onde recibiu o recoñecemento público que recolleron os dous directores do IEM desde a súa fundación, Carlos Méixome e Xulián Maure. Na vila teñen organizado tertulias e presentado libros ademáis de realizar as coñecidas xeiras, visitas guiadas para coñecer o patrimonio que desde hai dous anos se desenvolven con intérpretes de lingua de signos.
En Baiona atópase tamén o museo ao aire libre do conxunto de grabados líticos de Outeiro Lameiros, en Sabarís, que o IEM puxo en valor en colaboración cos comuneiros. Sobre este "santuario de 30 petróglifos" e sobre os centos de tesouros da prehistoria que se espallan polo Val Miñor e fan del unha comarca única falou Vilar para xustificar outra das reivindicacións da xornada. "Estouvos insinuando que a potencia das grafías de hai catro milenios precisan un centro de exposicións potente que catalice a arte rupestre do sur galego e norte de Portugal", reclamou.
- Un arquitecto pagará 295.000 euros a un cliente por no avisarle de que la finca que compró en Toralla no es edificable
- El legado de una casa de Vigo okupada tres años: «No dejaron ni los recuerdos»
- El ganadero que perdió 22 vacas fulminadas por un rayo: «Habrá que seguir; es lo que sé hacer y llevo así toda la vida»
- Peregrinaje contra el alcoholismo: «Creía que iba a las discotecas a bailar, pero iba a beber para tener esa chispa»
- Una playa de Galicia se cuela en el ranking de las 50 mejores del mundo en 2025: es la única de España en la lista
- Fiesta en la Carnicería de José.
- Este es el «paraíso azul de Galicia», el municipio con más playas con bandera azul de toda España
- La mujer de O Barco que saltó del balcón para huir de su pareja preguntó esa mañana cómo separarse pero no denunció violencia