Vinte anos de Estudos Miñoráns
O IEM recibe a Medalla de Ouro de Baiona tras dúas décadas de traballo a prol da investigación e divulgación da cultura da comarca e arredores

Memoria histórica | Visibilizar a represión franquista na contorna é un dos obxectivos da entidade, que puxo en valor a Volta dos Nove -na foto- e contoulle aos miñoráns o ocorrido. / Jose Lores
Val Miñor
O vindeiro 27 de outubro remata o ano do vixésimo aniversario do Instituto de Estudos Miñoráns. A pandemia truncou o calendario de actividades coa que os seus membros pretendían conmemorar a efeméride ao longo dos últimos meses, pero finalmente poderán celebralo hoxe co seu primeiro recoñecemento público oficial. O Concello de Baiona entrégalles a súa Medalla de Ouro,a máxima distinción local, pola súa traxectoria a prol da cultura da comarca.
Dúas décadas pasaron xa desde aqueles encontros informais no bar Golfiño de Sabarís que foron o xerme do que hoxe é unha entidade de prestixio internacional que une a 151 socios e que pasou por varios emprazamentos antes de ficar na aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar . "Seguimos sendo un equipo de moitas persoas que nos unimos para encher este ermo cultural que era o Val Miñor, para que a cultura non se limitase ás festas gastronómicas e á pachanga, para introducir a identidade galega", explican dous dos hoxe directivos, os investigadores Xosé Lois Vilar e Xilberte Manso, que se incorporaron pouco despois da fundación.

Vinte anos de Estudos Miñoráns
Os obxectivos seguen a ser os mesmos, segundo reiteran: "a defensa, promoción e divulgación do patrimonio cultural do Val Miñor dun xeito transversal e rigoroso".
Tocan todos os ámbitos, pero se destaca en algo o traballo do IEM é na arqueoloxía. Amais de descubrir centos de petróglifos en todo o sur de Pontevedra e o norte de Portugal, musealizaron as dúas xoias da arte rupestre da comarca: o conxunto de armas máis importante de Europa, Auga da Laxe en Vincios, e o de Outeiro dos Lameiros de Sabarís.

Vinte anos de Estudos Miñoráns
No campo da literatura, amais de impulsar a creación literaria co Premio Victoriano Taibo de Poesía, o IEM coida unha biblioteca de máis de 6.000 volumes nos que se inclúe o valioso legado do propio Taibo doado pola familia e promove o uso do galego, así como a recuperación da toponimia tradicional de boa parte das parroquias da comarca e da talasonimia.
A memoria histórica e outro dos seus grandes piares e as homenaxes da Volta dos Nove, onde foron asasinados nove miñoráns, ou a excavación dunha foxa común en San Xián onde se atopaban outros tres axustizados son algúns dos seus trunfos, amais das homenaxes aos represaliados que organizan cada outubro, suspendido o deste ano por mor do Covid.

Vinte anos de Estudos Miñoráns
Pero os esforzos tamén van dirixidos a criar espazos de diálogo e debate con centos de charlas de todo tipo con persoeiros da política, científicos de prestixio, arquitectos, economistas ou enxeñeiros.
As "xeiras" ou visitas guiadas centro e fóra do Val Miñor que organizan, a maioría no verán, congregan ducias de persoas e as salas do seu local amosan todo o ano pintura e escultura de autores galegos. Actividades paralizadas pola crise sanitaria que o colectivo espera recuperar nas vindeiras semanas.
- «Tosí, él dijo ‘aquí no era’ y siguió pinchando; no me avisó de los riesgos»
- Ratifican la condena a un fisioterapeuta que perforó los pulmones a una paciente por una «evidente» mala praxis en la punción con agujas
- Entrega del bote de 'Pasapalabra': Antena 3 modifica así el horario del esperado momento
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- Extinguido el impresionante incendio en una nave de gestión de residuos en Porriño
- Desaparece en el Atlántico un piloto de Redondela afincado en Vilagarcía
- Suspenden en Vigo a una profesora de Inglés durante un año por no saber dar clase
- Los dragones escupen arena en A Lanzada