Nun ano no que a meirande parte de festivais decidiron repregar velas e agardar tempos mellores, cómpre celebrar as adaptacións ao momento pandémico, como o caso do Sinsal Litoral, e, se cadra máis aínda, as novas iniciativas. É o caso de Sons da Canteira, unha proposta do máis singular: o 29 de agosto unha canteira en proceso de restauración no Porriño servirá de marco para a música de catro proxectos que, cada un ao seu xeito, funden a tradición galega coa vangarda e a electrónica.

Os protagonistas, que estarán arroupados pola proxección de videocreacións na muralla de pedra da canteira de Vilafría, serán Baiuca, Mercedes Peón, que abrirá a xornada.

O aforo será de 500 persoas e as entradas, para cadeira ou mesa, estarán dispoñibles para a súa compra en liña dende mañá en www.woutick.es. Os prezos varían en función de se mercan un ou varios pases: 16,50 euros o do individual, 13,75 ao adquirir dous, 12,38 se son catro e 11,92 para seis. Vai incluído o bus desde a Avenida de Galicia do Porriño.

O festival, organizado polo Concello do Porriño, garante as medidas de seguridade anti-Covid-19. Ademais, o público poderá xantar mentres goza do espectáculo grazas a dúas food trucks.

A canteira de Vilafría está a rematar o seu proceso de restauración. O oco creado pola explotación eliminouse mediante un recheo para facilitar a cobertura vexetal e a reforestación da zona. O festival conta con persoal dedicado en exclusiva á limpeza e xestión de residuos.