Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

BAIXO MIÑO

Día das Letras Galegas virtual no Baixo Miño con xogos, mensaxes e música

Margarita Ledo e Méndez Ferrín adican verbas en Tomiño

O Concello de Tomiño convidou a Margarita Ledo, membro da Real Academia Galega (RAG), e Xosé Luís Méndez Ferrín, dous grandes persoeiros da lingua e Cultura Galegas, a gravar unha mensaxe de video coa que conmemorar dun xeito moi especial as Letras Galegas 2020. A catedrática de Comunicación Audivisual na Facultade de Ciencias da Información de Santiago, , aceptou o reto e gravou unha mensaxe que poderá verse hoxe domingo nas redes sociais do Concello. Ás 19 horas, en directo, actuará o grupo Cé Orquestra Pantasma,a través de Facebook, para lembrar a Carvalho Calero. Nas redes sociais se compartirán xogos.

Por outra banda, debido á pandemia, queda anulada a tradicional Feira do Libro de Tui. A conselleira de Cultura, Sonsoles Vicente, nas verbas gravadas nun vídeo, anima ás librarías tudenses neste día especial.

O Rosal pon en marcha a mostra "Esta é a miña lingua" que busca que os veciños, de xeito individual ou en grupo, envíen fotos botando a lingua. As imaxes se publican na web do Concello.

Compartir el artículo

stats