27 de febrero de 2020
27.02.2020
Faro de Vigo
REDONDELA

O programa de dinamización lingüística "Apego" volta a Redondela cunha obra do grupo Golfiños

27.02.2020 | 01:26
La fiesta infantil en Arcade. // FdV

O espectáculo musical "Té, café, chocolate", do grupo Golfiños, abre mañá venres unha nova edición do programa "Apego" en Redondela. Será ás 18 horas no multiúsos da Xunqueira, con entrada de balde. O programa Apego é unha iniciativa que busca a promoción da lingua galega nas idades máis novas e que mestura música infantil con obradoiros dirixidos a nais e pais ou obradoiros ilustrados e didácticos. As actividades de Apego desenvolveranse todos os últimos venres de mes con entrada de balde. Tras "Té, café, chocolate", a seguinte cita será o 29 de marzo, tamén ás 18 horas, con "As parábolas", a cargo de Pakolas.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
FaroEduca