Este venres, ás 18.00 horas, celebrarase unha actividade para crianzas de 0 a 6 anos na Praza de Lenda de Redondela, dentro do programa "Venres Cativos". Nesta ocasión actuará Orella Pendella, que a través da música e do baile ensina refráns, ditos e palabras en lingua galega. O acto, organizado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) de Redondela e incluído dentro do proxecto Apego, é de balde.