14 de junio de 2019
14.06.2019
REDONDELA

A reedición do libro "Estirpe" de Ferrín enche o Multiusos

14.06.2019 | 02:07
Marta G. Brea

| O Multiusos da Xunqueira de Redondela encheuse onte para a presentación do libro "Estirpe", de Xosé Luís Méndez Ferrín, que o Concello redondelán reedita con motivo dos seus 25 anos por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística. Con esta inicitiva, a Administración local quixo render homenaxe a un dos libros máis relevantes da literatura contemporánea e, a través deste, facer unha homenaxe ao seu escritor. O acto contou coa actuación de María do Ceo e un breve recital poético de "Estirpe", ademáis das intervencións do director de Edicións Xerais, o presidente do Parlamento de Galicia, o teniente alcalde de Redondela e o propio autor, Méndez Ferrín.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
Finalizou o Concuro Illas Cíes no que os nenos e nenas de Vigo traballaron para contar como ven eles as Illas Cíes