O Concello de Redondela, por iniciativa do seu Servizo de Normalización Lingüística, reedita nos seus 25 anos o libro "Estirpe", de Xosé Luís Méndez Ferrín. Con esta inicitiva, a Administración local quere render homenaxe a un dos libros máis relevantes da literatura contemporánea e, a través deste, facer unha homenaxe ao seu escritor. O acto celebrarase mañá, ás 19.30 horas, no Auditorio da Xunqueira. María do Ceo porá a música, haberá un breve recital poético de "Estirpe", e tomarán a palabra o director de Edicións Xerais, o presidente do Parlamento de Galicia, o Alcalde de Redondela e pechará o propio autor, Méndez Ferrín. Cada persoa que asista ao acto volverá a casa cun exemplar gratuíto deste poemario.