O escritor Manuel Rivas participará o vindeiro mércores día 20 nun encontro público en Redondela. O acto, organizado por Normalización Lingüística e as bibliotecas municipais, será no auditorio do Multiúsos da Xunqueira, ás 19.00 horas. A entrada é de balde. O autor galego acode así á chamada do proxecto de intercambio bibliotecario "Literaturas irmás", que comparten o Concello de Redondela e a vila de Monção. Manuel Rivas foi o primeiro escritor que acolleu a biblioteca portuguesa e Saramago o que acolleu Redondela. Desta maneira foméntase así o mutuo coñecemento cultural e lingüístico.