Con motivo da campaña de San Valentín, ducias de comercios de Redondela van decorar os seus establecementos con poesía galega, nunha iniciativa da Asociación de Empresarios en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística.O colectivo empresarial distribuirá 200 exemplares de corazóns troquelados de gran tamaño con versos de poetas galegos que teñen como tema central o amor, e un millar de corazóns decorativos máis pequenos. Unha alfombra vermella marcará a entrada das tendas.

Para a escolla dos poemas contouse con escritores vivos, novos e outros xa consagrados (Gonzalo Hermo, María do Cebreiro ou Silvia Penas), que se combinan con autores clásicos da literatura galega: Cunqueiro, Pimentel, Celso Emilio Ferreiro...