O Servizo de Normalización Lingüística de Redondela organiza hoxe, ás 19.30 horas na Casa da Cultura, a conferencia de Carlos López Bernárdez dedicada a Castelao. Unha ocasión para coñecer de preto a traxectoria e evolución pictórica do rianxeiro. O conferenciante é ensaísta e especialista en historia da arte galega, en concreto da pintura. Foi comisario de numerosas exposicións de pintores galegos: Manuel Colmeiro, Maruja Mallo, Sucasas. Tamén é colaborador do Faro da Cultura onde publica artigos de crítica de arte.