O Instituto de Estudos Miñoráns organiza a IV Mostra de Teatro Afeccionado do Val Miñor e Oia en colaboración co Concello de Gondomar. Sete agrupacións porán en escena as súas montaxes no auditorio municipal Lois Tobío as fins de semana ata o 2 de febreiro. A primeira das funcións chegará mañá sábado ás 19.30 e serán os actores de Tranghallada Teatro de Nigrán os que se suban ás táboas para interpretar a peza "Jansel e Ponsel". O domingo, ás 18.00, o grupo Bertorella de Morgadáns ofrecerá a obra "Mamasiña que medo!".